Imperium (serie de televisión)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Imperium foi unha serie de televisión española emitida por Antena 3 entre o 5 de setembro e o 11 de outubro de 2012. Igual que a súa predecesora Hispania, la leyenda, está producida por Bambú Producciones e ambientada no século II a.C. Contou cun presuposto duns 20 millóns de euros.
A primeira e única tempada ten 6 capítulos. Inicialmente, estaban previstos 13 episodios, pero a cadea acordou finalmente rodar só 6 episodios para observar os datos en audiencia. O 11 de outubro a cadea española Antena 3 puxo punto e final para a serie debido á baixa audiencia, menos da que se esperaba considerando a gran mercadotecnia que se fixo dela.
Remove ads
Argumento
Galba é un home poderoso e respectado en Roma. Conta co apoio dos senadores máis importantes, encabezados polo senador Quinto... e por iso encargáronlle unha última campaña; acabar coa resistencia de Numancia. Galba parte cara a alí convencido da súa vitoria e de que iso lle outorgará, ao seu regreso, o recoñecemento definitivo. Pero regresa da campaña en Numancia derrotado, humillado... Os hispanos acabaron co seu exército. Galba perdeu a súa honra e, sobre todo, o seu poder en Roma. E non foi casual; alguén lle traizoou.
Galba non está disposto a renderse; a súa familia, os Sulpicio, ha de volver ocupar o lugar que merece en Roma, e para iso está disposto a facer calquera cousa, ata a empezar unha nova guerra con aqueles que lle fixeron caer. Non sabe que un erro do seu pasado perséguelle. Un erro que ten nome de muller: Cora. Unha muller que, para salvar ao seu pai, está disposta a pactar cos seus maiores inimigos, un home empeñado en recuperar a gloria perdida e unha familia que quere controlar toda Roma.
Remove ads
Repartimento
Personaxe | Actor / Actriz |
Servio Sulpicio Galba | Lluís Homar |
Quinto Servilio Cepión | Pepe Sancho |
Claudia Fabia Mara | Nathalie Poza |
Marco | Jesús Olmedo |
Octavio | Antonio Mourelos |
Antonia | Elvira Mínguez |
Cordelia | Belén Fabra |
Décimo | Robert González |
Sabina | Ángela Cremonte |
Tito † | Javier Ríos |
Diana / Cora de Capua | Aura Garrido |
Aurora / Vistilia | Lucía Martínez |
Vera | Paula Prendes |
Druso | Fernando Andina |
Gaia | Thais Blume |
Tiberio Lucio Varo | Carlos Álvarez Novoa |
Craso | Nasser Saleh |
Libo | Santi Marín |
Messina | Alicia González Laá |
Mario Terentio Ruga | Manuel Sánchez Ramos |
Catón | José Ángel Egido |
Apio Claudio | Helio Pedregal |
Petra | Elena Furiase |
Fabio † | Iván Sánchez |
Remove ads
Capítulos e audiencias
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads