Incheon

From Wikipedia, the free encyclopedia

Incheon
Remove ads

Incheon (en coreano : 인천; 仁川 ), Inchon ou Inch'on é unha cidade e porto principal de Corea do Sur situado na costa oeste do país, ao oeste da capital Seúl (서울; Seúl ). Constitúe unha "cidade metropolitana" (ver Subdivisións de Corea do Sur ), polo que o seu nome oficial completo é Cidade Metropolitana de Incheon (인천광역시; 仁川廣域市; Incheon Gwangyeoksi ). O nome Inchon ou Inch'on provén da transliteración anterior (sistema de romanización McCune-Reischauer): Inch'ŏn Kwang'yŏksi.

Thumb
Porto de Incheon en 2006.
Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...

Atópase a 28 km de Seúl e está situada na mesma latitude que San Francisco, Washington, Madrid e Teherán. Incheon é a terceira cidade máis grande de Corea do Sur, despois de Seúl e Busán, e contaba con 2,6 M de habitantes en 2009.[1]

Está irmandada co Río de Xaneiro.[2]

A cidade está dividida en dez distritos administrativos: oito distritos (gu) e dous condados (gun).

O Metro de Incheon e o Metro da Área Metropolitana de Seúl están conectados (liña 1) e o traxecto desde a estación de Incheon até a estación de Seúl dura aproximadamente unha hora.

Remove ads

Historia

A historia de Incheon comeza no reino de Goguryeo no ano 475, baixo o reinado do rei Jangsu. O seu nome orixinal era Michuhol; cambiou varias veces ata ser renomeada como Incheon-gun no 13.º ano do reinado do rei Taejong, durante o período Joseon. En 1949, despois da liberación de Corea en 1945, Incheon reorganizouse como cidade. Finalmente, foi renomeada Cidade Metropolitana de Incheon en 1995.[3]

Durante a Guerra de Corea tivo lugar a Batalla de Incheon, liderada polo xeneral estadounidense das Nacións Unidas Douglas MacArthur, que culminou nunha vitoria decisiva.[4] En sinal de gratitude, a finais da década de 1950 erixiuse unha estatua de bronce de MacArthur nun parque central de Incheon que domina a zona marítima pola que desembarcaron as súas tropas.[5]

Remove ads

Cultura e turismo

Incheon é coñecida polos Xogos Asiáticos de 2014, o Aeroporto Internacional de Incheon, o Porto de Incheon, a Cidade Internacional de Songdo, o Metro de Incheon e o Estadio Munhak World Cup.

O condado de Ganghwa (Illa de Ganghwa) destaca polos dólmens declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os tecidos hwamunseok, un tipo de alfombra decorada, son outro produto típico de Incheon. A beleza destas pezas feitas a man converteunas nun dos produtos tradicionais coreanos máis apreciados.[6]

A illa de Wolmi (Wolmido) foi unha base militar xaponesa durante o período colonial e un posto avanzado na batalla de Incheon. Hoxe é un dos destinos turísticos máis populares da área metropolitana. Ao longo do Paseo Cultural de Wolmido, de 1 km, abondan cafés e restaurantes. A illa tamén é famosa polos seus artistas de rúa, retratistas e polo Festival de Wolmi.[7]

Remove ads

Zona Económica Libre de Incheon

Co obxectivo de se converter nun centro económico internacional e nun polo empresarial e de servizos de Asia, Incheon está a desenvolver unha zona económica libre nas áreas de Songdo, Cheongna e a illa de Yeongjong. A Zona Económica Libre de Incheon, a primeira de Corea, foi designada oficialmente polo goberno coreano en agosto de 2003 e estaba prevista para 2020.[8][9]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads