Infinity Ward

compañía de videoxogos norteamericana From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Infinity Ward é unha compañía de videoxogos norteamericana fundada en 2002 por 22 antigos empregados de 2015, Inc.. En outubro de 2003 foi contratada por Activision, que lle encargou a programación de varias entregas de Call of Duty.

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...
Remove ads

Reputación do estudo

O seu primeiro xogo que programou foi Call of Duty, que recibiu boas críticas e varios premios .[1] Tanto Call of Duty 4: Modern Warfare coma Call of Duty: Modern Warfare 2 lograron vender máis de 10 millóns cada un deles [2][3][4][5].

Motores gráficos empregados

A primeira creación do estudo empregou o motor Id Tech 3, mentres que Call of Duty 2 empregou unha versión modificada do mesmo motor, que agora soportaba DirectX 9. Para Modern Warfare usaron un motor propio, non aplicado en previos videoxogos [6]. O mesmo motor foi empregado por Activision noutros xogos da compañía, coma Call of Duty: World at War e Quatum of Solace [7][8]. Para Modern Warfare 2 optaron por unha versión máis avanzada do motor de Modern Warfare, denominada IW 4.0.

Remove ads

Conflito con Activision

En marzo de 2010, Activision despediu a dous dos empregados de maior rango de Infinity Ward. Activision alegou que a decisión se debía a que ambos os dous mantiñan en segredo conversacións con Electronic Arts [9]. Pola súa banda, os despedidos reclaman que Activision non cumpriu cunha serie de pagamentos derivados das vendas de Modern Warfare 2. Reclaman ademais os dereitos da franquía Modern Warfare [6]. Días despois, Activision afirmou que Infinity Ward seguirá sendo un dos piares da programación de Call of Duty [10].

Notas

Xogos programados por Infinity Ward

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads