Ingua

Rexión ónde crecen os pelos pubianos (isto é, só nos seres humanos) From Wikipedia, the free encyclopedia

Ingua
Remove ads

Na anatomía humana, a ingua (o adxectivo é "inguinal", como en canle inguinal) ou virilla[1] é a zona de unión (tamén coñecida como a rexión inguinal) entre o abdome e a coxa[2] a cada lado do óso pube.[3] Isto tamén é coñecido como o Compartimento medial da coxa que consiste nos músculos adutores da cadeira ou nos músculos da ingua. Un tirón no músculo da ingua xeralmente refírese a unha dolorosa lesión debida ao estirar os músculos adutores dos músculos adutores da cadeira.[4]

Datos rápidos Identificadores, Freebase ...

Estes músculos adutores da cadeira que compoñen a ingua e compóñense do adutor curto, adutor longo, adutor maior, gracilis e pectíneo.[5] Estes músculos da ingua complementan a coxa (achegan o fémur e o xeonllo ata a liña media). A ingua esta innervada polo nervio obturador, con dúas excepcións: o músculo pectínico é innervado polo nervio femoral e a porción do adutor maior está innervado polo nervio tibial.[6]

Na ingoa, debaixo da pel, hai de tres a cinco ganglios linfáticos inguinais profundos que desempeñan un papel no sistema inmunitario. Estes poden inflamarse debido a certas enfermidades, o máis común é unha infección simple e o menos probable, un cancro. Unha cadea de ganglios linfáticos inguinais drena aos nodos profundos.   Nun procedemento de flebografía, a ingoa é o lugar preferido para as incisións para meter un catéter no sistema vascular.   O ligamento inguinal vai desde o tubérculo pubiano ata a espiña ilíaca superior anterior e a súa anatomía é moi importante para as operacións de hérnia.  

Thumb
Tirón muscular na ingoa
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads