Instrumento de medida
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un instrumento de medida[1] é un aparello que se usa para comparar magnitudes físicas mediante un proceso de medición. Como unidades de medida utilízanse obxectos e sucesos previamente estabelecidos como estándares ou patróns, e da medición resulta un número que é a relación entre o obxecto de estudo e a unidade de referencia. Os instrumentos de medida son o medio polo que se fai esta lóxica conversión.[2]

Remove ads
Características principais

As características máis importantes dun instrumento de medida son:
- Precisión[3]: é a capacidade dun instrumento de dar o mesmo resultado en medicións diferentes realizadas nas mesmas condicións
- Exactitude[4]: é a capacidade dun instrumento de medir un valor próximo ao valor da magnitude real
- Apreciación[5]: é a medida máis pequena perceptible nun instrumento de medida
- Sensibilidade[6]: é a relación de desprazamento entre o indicador da medida e a medida real.
Remove ads
Tipos
Utilízanse unha gran variedade de instrumentos para levar a cabo medicións das diferentes magnitudes físicas que existen. Desde obxectos sinxelos como regras e cronómetros até os microscopios electrónicos e aceleradores de partículas.[7]
Deseguido indícanse algúns instrumentos de medición existentes en función da magnitude que miden:
Para medir masa:
Para medir tempo:
Para medir lonxitude:
Para medir ángulos:
Para medir temperatura: |
Para medir presión:
Para medir velocidade:
Para medir propiedades eléctricas:
Para medir volumes:
|
Para medir peso:
Para medir outras magnitudes:
|
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads