Intelixibilidade mutua
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A intelixibilidade mutua é unha propiedade das variedades lingüísticas ou dialectos pola cal dous falantes de variedades diferentes poden comprenderse mutuamente sen ter estudado ou aprendido previamente a variedade allea. Trátase dunha propiedade non moi ben definida, xa que a intelixibilidade é cuestión de graos e subxetividade, e tamén depende de varios factores, como o nivel edcuativo e cultural do falante e a súa habilidade lingüística.

Linguas romances Linguas xermánicas occidentais Linguas nórdicas Linguas eslavas
Remove ads
Dificultades co concepto
Tradicionalmente díxose que dúas variedades dialectales mutuamente intelixibles en alto grao son dialectos da mesma lingua. Porén, existen algunhas dificultades:[1]
- Non-transitividade. Dadas tres variedades A, B e C. Pode suceder que A e B sexan mutuamente intelixibles en alto grao, e que B e C sexan tamén mutuamente intelixibles en alto grao, e porén, A e C sexan practicamente inintelixibles. Por exemplo, existe un alto grao de intelixibilidade mutua entre o castelán e o catalán, e entre o catalán e o occitano, mais o castelán e o occitano son dificilmente entendibles entre elas.
- Asimetría. Nalgúns casos atopáronse variedades A e B, tales que a comprensión de B polos falantes de A, é moi diferente da comprensión de A polos falantes de B. Por exemplo, un falante do portugués estándar europeo entende perfectamente o castelán, mais para un castelánfalante é un pouco menos intelixible o portugués polas diferenzas fonéticas e fonolóxicas respecto do castelán (p. ex., "palavra" /plávr/ en portugués e "palabra" /palábra/ en castelán, asemade, "rádio" /jádyu/ en portugués e "radio" /rádio/ en castelán).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads