Interamnicos

pobo prerromano de Gallaecia From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Os interamnicos[1] (en latín: Interamici), ás veces citados como interamicos (latín: interamici), foron un pobo prerromano da antiga Gallaecia, que segundo as fontes estaban inclusos no Convento xurídico bracarense.

Datos rápidos Instancia de, Grupo ...
Remove ads

Fontes

Os interamnicos aparecen citado por Tolomeo II, 6, 28, e nalgunhas inscricións epigráficas, das que sen dúbida a máis importante é o Padrón dos pobos, na que son listados entre outros grupos que seguramente axudaran a erguer a ponte romana de Chaves.

Redución xeográfica

A situación deste pobo ten sido obxecto de controversias entre os especialistas na materia. O claro é que son un pobo do convento bracarense. Tranoy (1981) colocounos no Tras-os-Montes portugués, entre os ríos Tuela e Rabaçal.

Mais, xa antes Rodríguez Colmenero (1973) noticiara a propia descuberta dunha epígrafe no que a República dos interamnicos honraba a un Quinto Licinio. Como quer que a lápida fora achada en Asadur, no concello de Maceda, na provincia de Ourense, o autor consideraba que os interamnicos debían ser resituados, nesa zona, que limitarían os ríos Miño e os seus afluentes Sil e Arnoia, o que xustificaría a denominación de interamnicos (interpretábel como "os do entre ríos", de inter "entre" e amnium "río")

Porén, na síntese de Felipe Arias, seguen a colocarse nos Tras-os-Montes, "entre Chaves e Braganza".

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads