Iolanda Zúñiga
escritora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Iolanda Pérez Zúñiga, nada en Vigo o 12 de febreiro de 1975, é unha escritora en lingua galega.
Remove ads
Traxectoria
Mestra de educación musical. Forma parte do grupo Murmel-bruxas de música para nenos. Na actualidade traballa nun restaurante vexetariano de Vigo, despois de ter sido monicrequeira e asistente nunha libraría e nunha tenda de discos. No ano 2007 publicou o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 obtivo o premio Xerais coa novela Periferia,[1] unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios[2].
Remove ads
Obras
Narrativa
- Vidas post-it (relatos, 2007. Edicións Xerais, colección Abismos). Traducida ao castelán[3] no 2011 en Pulp Books, por Moisés Rodríguez Barcia e ao catalán en 2013.[4]
- Periferia (novela, 2010, Ed. Xerais)
- Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados (novela, 2018, Ed. Xerais, co pseudónimo de Marleen MaLone)
- Natura (novela, 2018, Galaxia)
Poesía
- Amor amén, 2008, Xerais.
Premios
- Premio Xerais de novela no 2010, por Periferia.
- Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por Periferia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads