Isópodos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Isópodos
Remove ads

A dos isópodos (Isopoda) é unha orde de crustáceos malacostráceos eumalacostráceos da superorde dos peracáridos, a que presenta máis diversidade biolóxica.

Máis información IsópodosIsopoda Rango fósil: 300 Ma - actualidade, Clasificación científica ...

Comprende unhas 10 000 especies, distribuídas en nove subordes, de ampla distribución en toda clase de medios, especialmente no mariño, aínda que tamén existen especies dilciacuícolas e mesmo terrestres.

Estudos filoxenéticos e dos fósiles, dan indicios de que esta orde data polo menos do paleozoico, hai uns 300 millóns de anos.

Remove ads

Características

O seu corpo consta de tres rexións ou tagmas: cabeza, tórax e abdome.

A cabeza posúe dous pares de antenas; o primeiro está ben desenvolvido e utilízano para explorar, saborear e ulir a comida; o segundo é pequeno e invisíbel externamente.

O tórax está formado por oito segmentos, cada un dos cales ten un par de patas; o primeiro segmento ten fusionada a cabeza; os sete segmentos restantes forman o pereion.

Ao final do abdome presentan un par de apéndices chamados urópodos.

Adoitan seren de pequeno tamaño, e algunhas especies teñen a capacidade de enrolarse formando bólas.[1]

Remove ads

Taxonomía

Thumb
Armadillidium granulatum, un isópodo terrestre desenrolándose.
Thumb
Exemplos de isópodos mariños.

Descrición

A orde foi descrita en 1817 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille.[2]

Etimoloxía

O nome científico da orde, Isopoda, é un substantivo neutro plural do latín científico que está formado polos elementos iso- e -poda, tirados do elemento do grego antigo ἰσο- iso-, derivado do termo ἴσος ísos, 'igual', e o substantivo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'pata', facendo referencia a que todas as patas que posúen estes animais son iguais.[3] O termo foi usado por primeira vez en 1835 en francés como isopode.[3] Isto contrasta cos seus parentes os anfípodos (Amphipoda), que teñen dous tipos de patas torácicas.

Clasificación

A orde dos Isopoda divídese, segundo Martin e Davis, en nove subordes.[4]

  • Suborde Phreatoicidea Stebbing, 1893
  • Suborde Anthuridea Monod, 1922
  • Suborde Microcerberidea Lang, 1961
  • Suborde Flabellifera Sars, 1882
  • Suborde Asellota Latreille, 1802
  • Suborde Calabozoida Van Lieshout, 1983
  • Suborde Valvifera Sars, 1882
  • Suborde Cymothoida
  • Suborde Epicaridea Latreille, 1831
  • Suborde Oniscidea Latreille, 1802

Porén, o ITIS considera ademais a

  • Suborde Gnathiidea Leach, 1814 [2]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads