Isabela
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Isabela é a maior illa do arquipélago das Galápagos, administrada por Ecuador. Ten unha área de 4.588 km² e é a maior illa das Galápagos.
Remove ads
O seu nome vén da raíña Isabel I que patrocinou a viaxe de Cristovo Colón no que descubriu o Novo Mundo. O seu punto máis elevado é o volcán do lobo cunha altura de 1.707 m. A forma da illa é o produto da fusión de varios grandes volcáns, con case 2.000 m de altitude, nunha única illa.
Na illa pódense observar as tartarugas do arquipélago. É rica en biodiversidade: preto da costa vense gran variedade de aves mariñas, como pingüíns, petreis, corvos mariños, falcóns das Galápagos, pombas das Galápagos, pelicanos, iguanas mariñas, tartarugas, leóns mariños e caranguexos. Nas vertentes e caldeiras dos volcáns de Isabela hai aínda vexetación moi interesante.
Isabela tamén é un cantón do Ecuador cuxa capital é a localidade de Puerto Villamil, a maior da illa e a terceira maior do arquipélago, situada na punta sueste da illa.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads