Isca (política)
organización política xuvenil galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Isca! é o nome dunha organización política xuvenil de ideoloxía nacionalista independentista e de esquerda anticapitalista.

Remove ads
Organización
Constituída o 16 de xullo de 2006 en Santiago de Compostela, en Isca! participa un grupo de militantes escindidos da UMG en xaneiro de 2006, conxuntamente con outros sectores críticos de esquerda dentro de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG e militantes do movemento estudantil nacionalista. A súa primeira aparición pública tivo lugar o 25 de xullo de 2006, día da Patria, na manifestación convocada polo BNG.
Isca! articúlase como organización xuvenil, primeiro do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista e independentista integrado no BNG, e actualmente do Movemento Arredista, organización política parte do BNG de carácter independentista, socialista e feminista.
En decembro de 2024, aceptouse nun congreso nacional extraoirdinario deixaren de funcionar como organización independente, afondando na unidade orgánica co Movemento Arredista.[1]
Remove ads
Obxectivos e actividades
Isca defínese como unha "organización xuvenil asemblear e democrática" que "aspira a unir a mocidade revolucionaria galega na loita pola independencia nacional e a superación do capitalismo, pola construción do socialismo e o comunismo". En base a estes obxectivos, leva a cabo diversas actividades de propaganda, formación ou mobilización. Entre as súas liñas de traballo están a defensa do emprego digno na propia terra, a posta por un ensino público, galego e de calidade, o combate ao machismo e o patriarcado, a defensa da lingua e cultura e o pobo galegos ou a solidariedade con outros pobos en loita, como Palestina, Venezuela ou Cuba.
Remove ads
Traballo nos movementos sociais
Ademais das campañas propias e do traballo no seo do BNG, a militancia de Isca! dinamiza e participa en colectivos sociais como a Confederación Intersindical Galega así como, ata a súa disolución no ano 2016, na Liga Estudantil Galega, organización que contribuíu a fundar. Igualmente, participa do movemento feminista e ecoloxista, no asociacionismo cultural e nos locais sociais nacionalistas.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads