Ischnocera

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ischnocera
Remove ads

Ischnocera ou Iscnóceros é unha gran parvorde de piollos da infraorde Phthiraptera. A parvorde consta dos piollos mastigadores, que se alimentan das plumas e residuos de pel das aves. Moitas especies de Ischnocera evolucionaron adquirindo un corpo alongado. Isto permítelles esconderse entre a plumaxe para evitar ser retirados durante o acicalamento ou o voo da ave. As especies de Ischnocera pasan toda a súa vida vivindo sobre un hóspede e agárranse a moscas hipobóscidas para poder pasar dunha ave a outra. Os Ischnocera conteñen a gran familia Philopteridae, xunto con algunhas outras familias menores. Os Ischnocera están distribuídos por todo o mundo, e comprenden unhas 3.800 especies identificadas. Os piollos son moi específicos de hóspede e cada especie raramente parasita outra que non sexa a súa especie preferida. As aves infestadas polos Ischnocera poden experimentar malestar e danos nos sistemas reprodutores.

Máis información Clasificación científica, Familias ...
Remove ads

Clasificación

Ischnocera incluía previamente os piollos parasitos de mamíferos Trichodectera. Porén, os estudos filoxenéticos atoparon que esta agrupación era parafilética, especificamente en canto ás dúas principais familias: Philopteridae e Trichodectidae. Para resolver isto, de Moya et al. propuxeron manter a maioría das especies (incluíndo Philopteridae) dentro de Ischnocera, e despois mover Trichodectidae ao seu propio grupo, que chamaron Trichodectera.[2]

Velaquí un cladograma que mostra a posición de Ischnocera dentro de Phthiraptera:[2]

Phthiraptera
Ischnocera

Philopteridae

(piollos mastigadores das aves)
(piollos dos mamíferos)

Anoplura (piollos chuchadores dos mamíferos)

Rhynchophthirina (piollos perforantes dos elefantes e xabarís verrugosos)

Trichodectera

Trichodectidae (piollos mastigadores dos mamíferos)

Amblycera (piollos mastigadores das aves)

Remove ads

Características

Os piollos Ischnocera carcterízanse por ter mandíbulas similares a pulvinos engrosadas na base, e dúas garras tarsais en cada pata.[3][4] Como todos os piollos mastigadores, caecen de ás e teñen corpos aplanados dorsoventralmente. Son ectoparasitos peermanentes que viven toda a súa vida sobre a ave hóspede.[5] Non teñen ocelos, e as súas antenas están divididas en de 3 a 5 segmentos.[6] A lonxitude dos adultos vai de 0,3 a 12 mm dependendo da especie.[6] A súa cabeza é ancha e de forma triangular, con estruturas de tipo gancho na superficie. A rexión post-clípea é ancha, con bandas verticias de cutícula fina.[7] A cabeza tamén contén cristas repetidas, que reforzan o exoesqueleto.[7] A diferenza dos seus parentes taxonómicos próximos, os Amblycera, os Ischnocera carecen de palpos maxilares usados para manipular a comida.[8] Son de cor normalmente marrón, mais algunhas especies poden ser negras ou brancas, e o rostro é significativamente alongado.[9] O abdome está dividido normalmente en 8 segmentos, e os machos caracterízanse por ter unha placa anterior grande, e as femias unha placa continua que atravesa o dorso.[10] Os membros máis recentes da liñaxe evolutiva dos Ischnocera teñen estruturas pares chamadas micetomas.[11] As especies de Ischnocera son moi específicas de hóspede, e mesmo algunhas aves clasifícanse baseándose na especie de piollo da que son hóspedes.[12]

Ciclo vital

Os piollos Ischnocera poden sobrevivir varias semanas fóra dos seus hóspedes.[13] O seu ciclo vital consta dunha metamorfose simple, con tres estadios separados. Os piollos adultos femia poñen ovos (tamén chamados lendias) no corpo do hóspede, onde se desenvolven e fan eclosión en de 4 a 15 días.[8] Isto vai seguido do estadio de ninfa que dura de 3 a 8 días, ata que acaban de desenvolverse en adultos.[8] Unha vez que o piollo está suficientemente alimentado, o macho usa as súas antenas para tocar a cabeza da femia para indicarlle que está listo para aparearse.[14] Cando os piollos adultos poñen ovos, fano normalmente en lotes de 200 a 300 que pegan ás plumas do hóspede para volver inciair o ciclo.[15] O pegamento é un material como cemento que se excreta polo oviduto do piollo.[16] Os piollos Ischnocera son incapaces de moverse das plumas á pel do hóspede debido á súa anatomía tan especializada.[17] Para moverse dunha ave a outra, os Ischnocera "fan autostop" en moscas hipobóscidas que se pousan na ave. Isto fano para evitar a competición con outros piollos atopando un novo hóspede onde alimentarse.[18]

Thumb
Guimaraesiella tovornikae (A - macho, B - femia) atopado nunha papuxa das amoras, e Sturnidoecus (C - macho, D - femia) atopado nun merlo negro.

Distribución

Están distribuídos por todo o mundo, cunhas 3.800 especies nos distintos continentes.[19] A maioría das especies idenificadas viven en Europa, América do Norte e o Neotrópico.[19] Atópanse en áreas onde as aves sofren de malnutrición e sobreinfestación, debido ao doado paso dun individuo a outro.[8]

Remove ads

Alimentación

Aliméntanse principalmente das plumas e restos de pel de diferentes especies de aves. Son moi específicos de hóspede, e normalmente non cambian de hóspede.[20] Non consomen sangue do seu hóspede, e encóntranse entre as súas plumas para evitar ser retirados.[20] Os piollos teñen áreas específicas do corpo aves onde prefiren alimentarse, e xeralmente non se moven desa área.[21] As áreas preferidas son a cabeza, pescozo e o sobrecú.[22] As aves de rexións húmidas teñen maior tendencia a ser infestadas por Ischnocera.[23] Especies como Columbicola columbae aliméntanse principalmente das bárbulas das plumas, así como da pel rica de queratina preto das plumas das ás e cola.[24] Os piollos tamén adoitan alimentarse dos aceites segregados pola ave.[25] Os Ischnocera conteñen bacterias endosimbióticas que axudan na dixestión dos restos das plumas do seu hóspede.[17]

Efectos

Poden causar unha irritación significativa e danos nas plumas do seu hóspede. As infestcións poden causar danos á produción de ovos e o engorde das aves de curral.[26] Os piollos poden causar que os hóspedes se acicalen e rañen, xunto con perda de plumas, potencialmente podendo aparecer zonas calvas no corpo.[27] As aves con mala hixiene e sistema inmunitrio débil son vulnerables a infestacións debido á súa reducida capacidade de loitar contra eles.[27] As zonas calvas no corpo da ave poden causar un peor illamento térmico e susceptibilidade a doenzas.[28] O autoacicalaamento da ave pode axudar a retirar parte da infestación, aínda que non é normalmente suficiente para quitar todos os piollos. A capacidade de quitar piollos depende en gran medida do tamaño do bico da ave.[29] Se unha ave ten o bico danado, pode facerse bastante máis susceptible ás infestacións. Algunhas aves usan un aceite que segregan na súa glándula uropixial e esténdeno polo corpo para facer máis difícil que o piollo se pegue ás plumas.[28] A eficacia do voo, duración da vida e selección sexual son afectadas negativamente nas aves infestadas. A taxa metabólica do hóspede e a masa corporal total diminúen durante a infestación.[30] Os piollos poden servir de vectores que portan doenzas bacterianas para as aves.[30] As aves infestadas mostran nerviosismo e malestar, especialmente cando están nidificando.[31] A aplicación de pesticidas sobre a ave pode axudar a matar os piollos.[32]

Remove ads

Familias

Ischnocera consta das seguintes familias:[1][33]

  • Philopteroidea Nitzsch, 1938 (superfamilia)
    • Goniodidae Mjoberg, 1910
    • Heptapsogasteridae Carriker, 1936
    • Lipeuridae Mjoberg, 1910
    • Philopteridae Nitzsch, 1818
    • Trichophilopteridae Mjoberg, 1919

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads