Isidro Silveira Cameselle
empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Isidro Silveira Cameselle, nado en Lavadores (Vigo) o 24 de xullo de 1943 e finado o 14 de decembro de 2016, foi un empresario galego, que foi durante dúas décadas presidente do Racing de Ferrol.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Isidro Silveira.
Remove ads
Traxectoria
De novo foi xogador de fútbol. Sendo xuvenil xogou no Oza da Coruña. En 1961 fichou polo Real Club Celta, co que xogou en segunda división, 6 partidos na liga 1961-62 e un na 1963-64. Deixou o fútbol ben novo, en parte polas lesións, e en parte para dedicarse aos estudos[1].
Dedicouse á construción naval, e chegou a ser presidente do clúster galego do naval. Posteriormente foi propietario de empresas dedicadas á construción e aos servizos públicos, como Ferrolxest.
En 1980 presentou a súa candidatura á presidencia do Racing de Ferrol, aínda que a retirou a última hora. En xullo de 1993 pasou a formar parte da xunta directiva do equipo como vicepresidente, sendo Manuel Criado o presidente. Ao renunciar este en outubro de 1995 por motivos persoais, foi substituído por Isidro Silveira, que foi á súa vez ratificado no cargo pola asemblea de socios. Mantívose como presidente trala conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva ao ser xunto co concello de Ferrol un dos maiores accionistas. Durante a súa presidencia o club xogou en Segunda División, mais sobre todo en Segunda División B e en Terceira.
Remove ads
Vida persoal
O seu fillo, Chino Silveira, herdou as súas empresas e ocupou o cargo de conselleiro delegado do Racing Club de Ferrol SAD até a súa morte, a causa dun cancro, en 2018.
En 2010 detectáronlle a Isidro Silveira Cameselle unha serie de cancros[2] que, ao cabo de seis anos, remataron coa súa vida.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads