J. G. Ballard

escritor británico From Wikipedia, the free encyclopedia

J. G. Ballard
Remove ads

James Graham Ballard, nado o 18 de novembro de 1930 e finado o 19 de abril de 2009,[1] foi un escritor británico de ficción científica. Un gran número dos seus escritos describen distopías. Ballard é coñecido pola súa ficción provocativa que explora as relacións entre a psicoloxía humana, a tecnoloxía, o sexo e os medios de comunicación de masas.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nace en Shanghai. Durante a segunda guerra mundial foi encerrado nun campo de concentración xaponés, experiencia que relataría na súa obra Empire of the Sun e que máis tarde levaría ao cine Steven Spielberg no filme O imperio do sol.

En 1946 a súa familia trasládase a Gran Bretaña e inicia estudos de medicina na Universidade de Cambridge, aínda que non os completará. Traballa como redactor nun xornal técnico e como porteiro do Covent Garden antes de incorporarse á RAF no Canadá, como piloto. Máis tarde traballaría como adxunto á dirección dunha revista científica.

Os seus primeiros contos datan de 1956 e nos anos 60 convértese nun dos autores de referencia da chamada Nova onda (en inglés: New Wave) da ficción científica inglesa.[3]

Remove ads

Publicacións

Novelas

  • The Wind from Nowhere (1961)
  • The Drowned World (1962)
  • The Burning World (1964)
  • The Crystal World (1966)
  • The Atrocity Exhibition (1970)
  • Crash (1973)
  • Concrete Island (1974)
  • High-Rise (1975)
  • The Unlimited Dream Company (1979)
  • Hello America (1981)
  • Empire of the Sun (1984)
  • The Day of Creation (1987)
  • Running Wild (1988)
  • The Kindness of Women (1991)
  • Rushing to Paradise (1994)
  • Cocaine Nights (1996)
  • Super-Cannes (2000)
  • Millennium People (2003)
  • Kingdom Come (2006)

Contos

  • The Voices of Time and Other Stories (1962)
  • Billennium (1962)
  • Passport to Eternity (1963)
  • The 4-Dimensional Nightmare (1963)
  • The Terminal Beach (1964)
  • The Impossible Man (1966)
  • The Overloaded Man (1967)
  • The Disaster Area (1967)
  • The Day of Forever (1967)
  • Vermilion Sands (1971)
  • Chronopolis and Other Stories (1971)
  • Low-Flying Aircraft and Other Stories (1976)
  • The Best of J. G. Ballard (1977)
  • The Best Short Stories of J. G. Ballard (1978)
  • The Venus Hunters (1980)
  • Myths of the Near Future (1982)
  • The Voices of Time (1985)
  • Memories of the Space Age (1988)
  • War Fever (1990)
  • The Complete Short Stories of J. G. Ballard (2001)
  • The Complete Short Stories of J. G. Ballard: Volume 1 (2006)
  • The Complete Short Stories of J. G. Ballard: Volume 2 (2006)
  • The Complete Stories of J. G. Ballard (2009)

Non ficción

  • A User's Guide to the Millennium: Essays and Reviews (1996)
  • Miracles of Life (2008)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads