Jacob Theodor Klein

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jacob Theodor Klein
Remove ads

Jacob Theodor Klein, coñecido tamén como Plinius Gedanensium, nado o 15 de agosto de 1685 en Danzig (hoxe Gdańsk), e finado o 27 de febreiro de 1759 en Königsberg (hoxe Kaliningrado), foi un xurista, historiador, botánico, matemático e diplomático prusiano ao servizo de Augusto II, rei de Polonia, gran duque de Lituania e elector de Saxonia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Klein naceu o 15 de agosto de 1685 en Danzig, na Prusia Real.[1]

Estudou historia natural na súa cidade natal, e utilizou a súa posición como secretario da cidade para fundar alí un xardín botánico (hoxe chámase Ogród Botaniczny w Oliwie).

Tratou en cuestións de nomenclatura zoolóxica e creou o seu propio sistema de clasificación dos animais, que se baseaba no número, a forma e a posición das extremidades.

Polo seu traballo no campo das ciencias naturais, Klein foi galardoado coa pertenza a varias sociedades científicas, entre elas a Royal Society de Londres e a Sociedade de Investigación de Danzig.

Faleceu o 27 de febreiro de 1759 en Königsberg, Prusia (agora Kaliningrado, Rusia).

Remove ads

Algunhas publicacións

  • Neuer Schauplatz der Natur, nach den Richtigsten Beobachtungen und Versuchen, in alphabetischer Ordnung, vorgestellt durch eine Gesellschaft von Gelehrten. Weidmann, Leipzig. v. 4 : 1–874. 1777
  • Natürliche Ordnung und vermehrte Historie der vierfüssigen Thiere. Schuster, Danzig 1760
  • Vorbereitung zu einer vollständigen Vögelhistorie. Schmidt, Leipzig, Lübeck 1760
  • Stemmata avium. Holle, Leipzig 1759
  • Tentamen herpetologiae. Luzac jun., Leiden, Göttingen 1755
  • Doutes ou observations de M. Klein, sur la revûe des animaux, faite par le premier homme, sur quelques animaux des classes des quadrupedes & amphibies du systême de la nature, de M. Linnaeus. Bauche, París 1754
  • Ordre naturel des oursins de mer et fossiles, avec des observations sur les piquans des oursins de mer, et quelques remarques sur les bélemnites... Bauche, París 1754
  • Tentamen methodi ostracologicæ  sive  Dispositio naturalis cochlidum et concharum in suas classes, genera et species. Wishoff, Leiden 1753
  • Quadrupedum dispositio brevisque historia naturalis. Schmidt, Leipzig 1751
  • Historiae avium prodromus. Schmidt, Lübeck 1750
  • Mantissa ichtyologica de sono et auditu piscium  sive  Disquisitio rationum, quibus autor epistolae in Bibliotheca Gallica de auditu piscium, omnes pisces mutos surdosque esse, contendit. Leipzig 1746
  • Historiæ piscium naturlais promovendæ missus quartus de piscibus per branchias apertas spirantibus ad justum numerum et ordinem redigendis. Gleditsch & Schreiber, Leipzig, Danzig 1744
  • Testaceo-Theologia. Con Friedrich Christian Lesser. Blochberger, Leipzig, Frankfurt 1744–70
  • Summa dubiorum circa classes quadrupedum et amphibiorum in celebris domini Caroli Linnaei systemate naturae. Leipzig, Danzig 1743
  • Naturalis dispositio echinodermatum. Schreiber, Danzig 1734
  • Kurtzer Entwurff einer Lithotheologie. Con Friedrich Christian LesserNordhausen. 1732
  • Descriptiones tubulorum marinorum. Knoch, Danzig 1731
  • An Tithymaloides. Schreiber, Danzig 1730
Remove ads

Abreviatura

A abreviatura Klein emprégase para indicar a Jacob Theodor Klein como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads