Jacques Delors

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jacques Delors
Remove ads

Jacques Lucien Jean Delors, nado o 20 de xullo de 1925 en París, e finado tamén na mesma cidade o 27 de decembro de 2023, foi un político francés que presidiu a Comisión Europea durante unha década a finais do século XX.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...


Remove ads

Biografía

Primeiros anos e formación

Delors naceu en París. Estudou na Universidade de París. De orixes humildes, Delors foi funcionario do Banco de Francia en 1945, após a fin da Segunda guerra mundial.

Vida persoal

En 1941, casou con Marie Lephaille; xuntos tiveron unha filla, Martine Aubry (nada en 1950), tamén política, que foi alcaldesa de Lille e primeira secretaria do Partido Socialista.[1] Declinou participar nas eleccións xerais francesas.

Cargos e recoñecementos

Foi o oitavo presidente da Comisión Europea de 1985 a 1995.

Foi ministro de Facenda de 1981 a 1984. Foi deputado no Parlamento Europeo de 1979 a 1981.[2]

En 1989 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

En 1995 foi o 1º galardoado do Premio Europeo Carlos V da Fundación Academia Europea de Yuste.

Entre 1993 e 1996 a UNESCO encargou a Delors un estudo sobre a perspectiva da educación no mundo de cara ao século XXI. Este informe titulouse A educación encerra un tesouro.[3]

En 1998 recibiu da Generalitat de Cataluña o Premio Internacional Cataluña.

En 1999 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade do Porto (tamén o foi pola Universidade de Salamanca, Louvain, e outras).

En 2015, Donald Tusk anunciou que Delors se convertería na terceira persoa en ter o título de Cidadán de Honra de Europa "pola súa notable contribución ao desenvolvemento do proxecto europeo".[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads