James Patrick Stuart

actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

James Patrick Stuart
Remove ads

James Patrick Stuart, nado en Encino (Os Ánxeles) o 16 de xullo de 1968, é un actor estadounidense de cine e televisión.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

James Stuart naceu en Encino, un barrio afluente dos Ánxeles, fillo de Chad e Jill Stuart. O seu pai participara na década dos 60 no dúo da televisión británica Chad & Jeremy. Como o seu pai era parte dun dúo pop, James pasou gran parte da súa mocidade nos estudios de gravación.[1] Como neno actor, empregou o nome Patrick Stuart, e participou na serie dos anos 80, Galactica 1980, como Doctor Zee.

É coñecido sobre todo polos seus papeis en series de televisión como CSI: Las Vegas, Emily's reasons why not ou Nip/Tuck, pero tamén participou poñendo a voz na versión en inglés de varios videoxogos como por exemplo Kingdom Hearts II ou Call of Duty 2.

Tamén fixo a voz de Private na serie The Penguins of Madagascar.

James Stuart reside en Os Ánxeles coa súa dona, Jocelyn, e os seus dous fillos.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads