Jane Russell

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jane Russell
Remove ads

Ernestine Jane Geraldine Russell, nada en Bemidji (Minnesota) o 21 de xuño de 1921 e finada en Santa Maria (California) o 28 de febreiro de 2011 foi unha actriz estadounidense coñecida como Jane Russell, unha das grandes sex symbols das décadas de 1940 e 1950.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Filla dun militar e unha actriz, de pequena estudou piano e participou en obras teatrais. Inicialmente desexaba ser deseñadora, pero finalmente traballou como modelo e, por presións da súa nai, estudou interpretación con Max Reinhardt e Maria Ouspenskaya.

En 1940 asinou un contrato con Howard Hughes e fixo o seu primeiro filme, The Outlaw, que se estreou de forma limitada en 1943 por problemas coa censura e o código Hays. Ata que tivo unha estrea comercial en 1946, Russell seguiu traballando como modelo.

Tras o éxito do filme, Russell era coñecida especialmente polo seu físico, que deu lugar a bromas como as frases do seu compañeiro Bob Hope, que a presentou como "the two and only Jane Russell" ou que dixo "Cultura é a capacidade de describir a Jane Russell sen mover as mans". Howard Hughes tamén dixo, "Hai dúas boas razóns polas que os homes van vela. Son abondas." A imaxe de Russell sobre unha morea de palla foi unha popular foto de pin-up.

Os seus principais éxitos tiveron lugar entre 1947 e 1956, especialmente no filme Os cabaleiros prefírenas loiras (1953), con Marilyn Monroe. A partir de 1970 retirouse do cinema e o ano seguinte debutou en Broadway, no musical Company.

Remove ads

Filmografía

  • The Outlaw (1943)
  • Young Widow (1946)
  • The Paleface (1948)
  • His Kind of Woman (1951)
  • Double Dynamite (1951)
  • The Las Vegas Story (film)|The Las Vegas Story (1952)
  • Unha aventura en Macau (1952)
  • Son of Paleface (1952)
  • Montana Belle (1952)
  • Road to Bali (1952)
  • Os cabaleiros prefírenas loiras (1953)
  • The French Line (1954)
  • Underwater! (1955)
  • Foxfire (1955)
  • The Tall Men (1955)
  • Os cabaleiros casan coas morenas (1955)
  • Hot Blood (1956)
  • The Revolt of Mamie Stover (1956)
  • The Fuzzy Pink Nightgown (1957)
  • Fate Is the Hunter (1964)
  • Johnny Reno (1966)
  • Waco (1966)
  • The Born Losers (1967)
  • Darker than Amber (1970)
Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

  • Russell, Jane (1985). Random House, ed. Jane Russell: My Path and Detours. Nova York. ISBN 978-0-517-67208-2.

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads