Jaroslav Heyrovský

químico checo From Wikipedia, the free encyclopedia

Jaroslav Heyrovský
Remove ads

Jaroslav Heyrovský, nado en Praga o 20 de decembro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de marzo de 1967, foi un químico e inventor checo, que recibiu o Premio Nobel de Química de 1959 polos seus traballos en química electroanalítica.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu na cidade de Praga, cidade que naqueles momentos formaba parte do Imperio Austrohúngaro pero que hoxe en día é a capital da República Checa. Iniciou os seus estudis de física, química e matemáticas na Universidade de Praga, traslandándose en 1910 á Universidade de Londres, onde se licenciou en 1913 baixo a supervisión de William Ramsay.

Durante a primeira guerra mundial realizou o servizo militar nun hospital militar como radiólogo e á súa finalización realizou o doutoramento en Praga en 1918 e un máster posterior en Londres en 1921, ambos sobre electroquímica.

En 1926 Heyrovský casou con Marie Koranová, e tiveron dous fillos: Judith e Michael.

Heyrovský morreu o 27 de marzo de 1967 na súa residencia de Praga, naqueles momentos capital de Checoslovaquia, e enterrouse no cemiterio Vyšehrad na súa Praga natal.

Remove ads

Investigacións científicas

En 1920 foi invitado polo profesor B. Kucera a estudar as anomalías das curvas electrocapilares determinadas polo método do peso da pinga de mercurio. As investigacións realizadas sobre as curvas de intensidade de corrente-tensión permitíronlle entrever moi pronto un novo e prometedor método de análise analítica. En 1925 deu a coñecer un aparello automático para o rexistro destas curvas, ideado en colaboración co xaponés Masuzo Shikata, ao que bautizou como polarógrafo e co cal reducíase a duración de moitas análises electroquímicas.

En 1959 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento e desenvolvemento do método analítico de polarografía.

Remove ads

Recoñecementos

Na súa honra bautizouse o cráter Heyrovský sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Frederick Sanger
Premio Nobel de Química

1959
Sucesor:
Willard Frank Libby
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads