Jeff Tweedy

compositor, músico e poeta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Jeff Tweedy
Remove ads

Jeffrey Scot "Jeff" Tweedy, nado o 25 de agosto de 1967 en Belleville, é un compositor, músico e poeta estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa carreira musical coa banda de country alternativo Uncle Tupelo, dende 1987 ata 1994. Un ano despois da separación da banda, forma na cidade de Chicago o grupo de rock alternativo Wilco. Tamén participou con varios grupos de música indie, como Golden Smog e Loose Fur, gravou un álbum con The Minus 5 e colaborou con Rosanne Cash na gravación do tema "Long Black Veil", dentro do álbum "The List".

En 2004 publicou Adult Head, un libro de poesía. Tamén estivo un tempo nun centro de rehabilitación por depresión e adicción aos analxésicos. En varias ocasións confesou que padece de fortes migrañas con bastante frecuencia.

Está casado con Sue Miller, antiga propietaria de extinto club de Chicago Loung Ax, coa que tivo dous fillos, Sam e Spencer. Os dous seguiron os pasos do seu pai e tocan xuntos na súa propia banda, The Blisters, que actuaron con Wilco no Chicago's Lollapalooza 2006. En xuño de 2014 anuncióu a ceación dun novo grupo co seu fillo Spencer, chamado Tweedy.

O 13 de novembro de 2018 publicou o seu libro de memorias “Let’s Go (So We Can Get Back). A memoir of recording and discording with Wilco etc.”.[1]

Remove ads

Discografía

En solitario

  • Together at Last (2017)
  • Warm (2018)

Con Uncle Tupelo

  • No Depression (1990)
  • Still Feel Gone (1991)
  • March 16–20, 1992 (1992)
  • Anodyne (1993)

Con Wilco

Con Tweedy

  • Sukierae (2014)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads