Jesús García Calvo
avogado e empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jesús García Calvo, nado en Logrosa (Negreira) en 1921 e finado o 12 de febreiro de 2011[1], foi un rexistrador da propiedade, avogado e empresario cooperativista galego.
Traxectoria
Entrou na Universidade de Santiago ao pouco de rematar a guerra civil, e licenciouse en Dereito en 1944. De emprego rexistrador da propiedade, traballo ao que chegou por oposición en 1949, o seu papel más importante foi a cofundadoción da cooperativa Feiraco (1968) xunto con Maximino Viaño e 50 cooperativistas máis. Tamén foi o seu primeiro presidente, cargo que ostentou ata xuño de 2008. Despois continuou vinculado a Feiraco como presidente de honra ata o seu falecemento.
García Calvo ocupou distintos cargos vinculados ao sector primario na comarca santiaguesa. Foi membro do consello de administración da madeireira Finsa[1] e da Caixa Rural Provincial da Coruña, así como presidente de UTECO[1] na provincia da Coruña, a organización cooperativista.
Foi presidente do consello social da Universidade de Santiago de Compostela.
Remove ads
Honras
- Premio Agrario de Galicia 2005.
- Medalla de Ouro da Universidade de Santiago.
- Medalla de Ouro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela.
- comendador da Orde do Mérito Civil Agrícola.
- O campo de fútbol de Negreira leva o seu nome[2].
Vida persoal
Casou con Alvarina López.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads