Jesús María Satrústegui

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Jesús María Satrústegui
Remove ads

Jesús María Satrústegui Azpiroz, nado o 12 de xaneiro de 1954 en Iruña é un exfutbolista navarro que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi internacional coa Selección de fútbol de España.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a xogar na súa cidade natal no CD Pamplona e con 17 anos ficha pola Real Sociedad. Nun principio comeza xogando no Sanse, o filial do club, debutando en 1971 en Terceira División. Tras dúas tempadas no filial pasou ao primeiro equipo co que debutou o 8 de setembro de 1973 ante o Real Murcia.

Satrústegui militou na Real Sociedad 13 tempadas, ata a súa retirada en 1986, xogou co equipo donostiarra 374 encontros oficiais anotando 162 goles, números que o converten no máximo goleador da historia do club.

Viviu os anos dourados da Real Sociedad, logrando o subcampionato de Liga na tempada 1979/80 e o título nas tempadas 1980/81 e 1981/82, tamén gañou a Supercopa de España en 1982. Compartiu esta gran xeración con xogadores coma Luis Miguel Arconada, Jesús María Zamora ou Roberto López Ufarte.

Por desgraza unha grave lesión de menisco e ligamentos cruzados a comezos da tempada 1982/83 deixarono no dique seco case dous anos, trala súa volta mantivose no equipo dous anos máis con números moi discretos e en 1986 anunciou a súa retirada. O seu lugar no equipo ocupariao un xóven dianteiro José Mari Bakero.

Coas seleccións de fútbol

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 32 ocasións, anotando 8 goles. Debutou en Bucarest o 16 de novembro de 1975, deixando o combinado tralo pobre papel do equipo no Mundial de Fútbol España 1982.

Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Euskadi.

Remove ads

Palmarés

Máis información Título, Club ...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads