Johan Cruyff

futbolista neerlandés From Wikipedia, the free encyclopedia

Johan Cruyff
Remove ads

Hendrik Johannes Cruijff, coñecido como Johan Cruyff, nado en Ámsterdam o 25 de abril de 1947 e finado en Barcelona o 24 de marzo de 2016,[1] foi un futbolista e adestrador neerlandés, que xogaba como centrocampista ou dianteiro. Amplamente considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos, foi o xogador máis significativo do chamado Fútbol Total, desenvolvido polo adestrador Rinus Michels no Ajax e na selección neerlandesa. Gañador de tres Balóns de Ouro nos anos 1971, 1973 e 1974, foi elixido pola IFFHS como o segundo mellor futbolista do século XX, só por detrás de Pelé.[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Á idade de 16 anos entrou no Ajax, o club co que conseguiría os seus máis grandes éxitos (3 Copas de Europa), e comezou a asombrar a todo o mundo coa súa depuradísima técnica, velocidade, visión do xogo e carácter.

No Mundial de Alemaña, en 1974 Holanda conseguiu o subcampionato tras facer unha auténtica demostración de xogo en todo o torneo. Foi a única participación de Cruyff nun campionato do mundo e en certa medida unha decepción, xa que case todo o mundo daba por suposto que Holanda remataría como vencedora.

Tras pasar polo FC Barcelona, Cosmos, Levante e Feyenoord entre outros, retirouse coma xogador.

Faleceu en Barcelona vítima dun cancro de pulmón.

Remove ads

Palmarés

Xogador

Ajax
Barcelona
Feyenoord

Adestrador

Ajax
Barcelona

Individual

Xogador
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads