John Balan
actor e músico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Manuel Outeda Villanueva, chamado artisticamente John Balan, nado en Seixo (Marín) o 14 de xaneiro de 1934 e finado en Pontevedra o 19 de marzo de 2008, foi un artista galego.[1][2]
Traxectoria
Actor afeccionado, comezou a súa carreira a principios dos anos sesenta, cantando polos bares de Pontevedra e actuando ocasionalmente con orquestras. Coñeceu a fama logo de aparecer nos anos setenta en diversos programas de televisión, da man do presentador José María Íñigo. Nas súas actuacións era capaz de imitar numerosos acentos e sons distintos, polo que era coñecido como home orquestra, e aparecía comunmente disfrazado de vaqueiro, falando un falso inglés. Esa é a orixe do seu pseudónimo[Cómpre referencia]. Tamén improvisaba guións de filmes en base a esquemas xenéricos, entre os que figuraba a miúdo o western. Era moi común ver as súas actuacións no trolebús que unía Marín con Pontevedra.
Unha das súas facetas artísticas consistía en empregar unha porta ás costas, onde cunha man facía os baixos e coa outra a percusión, á vez que pola boca emitía sons de instrumentos de vento ou cantaba. Tamén por isto foi coñecido como "O home da porta".

Na recta final da súa carreira profesional realizou diversas colaboracións para a Televisión de Galicia, tendo un espazo fixo no programa Adiviña quen vén esta noite (1990), xunto a Wladimir Dragossán. Realizou tamén anuncios publicitarios e traballou como animador para orquestras populares.
Cunha hemiplexía dereita causada por unha trombose, pasou os seus últimos anos na residencia de anciáns Virxe do Camiño de Pontevedra.
Remove ads
Recoñecementos
- Recibiu unha homenaxe na cidade de Pontevedra o 14 de xullo de 2006, nun Teatro Principal ateigado de xente e co recoñecemento e participación de xentes da televisión como Xabier Fortes, Farruco, Xosé Ramón Gayoso, José María Íñigo, Jesús Quintero ou Javier Santos Penas. Tamén estiveron presentes escritores como Manuel Rivas, Alfredo Conde e Rafael Pintos. As actuacións musicais foron realizadas por diferentes grupos, entre eles os Chichisos.
- Unha praza do concello de Marín leva o seu nome.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads