John Flaxman
escultor, ilustrador e debuxante inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
John Flaxman, nado o 6 de xullo de 1755 en York e finado o 7 de decembro de 1826, foi un escultor, ilustrador e debuxante inglés. Tivo un papel moi destacado no movemento neoclásico en Inglaterra.
Remove ads
Traxectoria
Estudou na Royal Academy School de Londres. No período entre 1775 a 1787 realizou para o reputado ceramista Josiah Wedgwood delicados relevos decorativos, inspirados en vasos e vasillas gregas e romanas. Dende 1787 até 1794 Flaxman viviu en Roma, onde produciu en 1973 debuxos con gran finura nas súas liñas de temas épicos dos poemas homéricos A Ilíada e A Odisea.
Regresou a Londres en 1794, realizando notables ilustracións do antigo dramaturgo grego Esquilo e unha serie inspirada no Inferno do Dante. Tamén esculpiu numerosos monumentos, entre os que se destacan o de William Murray, Primeiro earl de Mansfield (1801; na Abadía de Westminster).
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Flaxman |
Ligazóns externas
- Información da National Portrait Gallery (en inglés)
- John Flaxman 1755?1826: Mestre das liñas puras (en inglés)
- World of Dante Galería de ilustracións de Flaxman da Divina Comedia no Mundo do Dante. (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads