John Howe
ilustrador canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
John Howe, nado en Vancouver o 21 de agosto de 1957, é un ilustrador canadense de libros e filmes, coñecido principalmente polos seus traballos baseados na obra de J. R. R. Tolkien.[1]
Remove ads
Traxectoria
Howe e Alan Lee foron os artistas principais na triloxía do Señor dos Aneis de Peter Jackson.[2] Tamén reilustrou os mapas do Señor dos Aneis, O hobbit e O Silmarillion entre 1996 e 2003.
Con todo, o seu traballo non se limita á obra de Tolkien. Ilustrou moitos libros de fantasía, como os de Robin Hobb, ou debuxado sobre a lenda anglosaxoa Beowulf. Contribuíu á adaptación da película The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe da obra de C. S. Lewis. En 2005, unha edición limitada da novela A Clash of Kings de George R. R. Martin foi publicada por Meisha Merlin Publishing, incluíndo varias ilustracións de Howe.
O seu último traballo con Peter Jackson é a adaptación cinematográfica da obra O Hobbit, formando equipo, unha vez máis, con Alan Lee como deseñador conceptual do mundo de Tolkien.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads