Johnny Marr

From Wikipedia, the free encyclopedia

Johnny Marr
Remove ads

John Martin Maher, nado o 31 de outubro de 1963, é un músico, compositor e cantante inglés. Marr deuse a coñecer como a guitarrista e co-compositor da banda The Smiths, que estivo activa entre 1982 e 1987. Dende entón actuou en numerosas banda e comezou unha carreira como artista en solitario.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Nado en Ardwick, Manchester, de pais irlandeses, Marr formou a súa primeira banda con 13 anos. Tocou en varios grupos con Andy Rourke antes de formar The Smiths con Morrissey en 1982. The Smiths conseguiu un importante éxito comercial e foi aclamada pola crítica, sendo o estilo jangle pop da guitarra de Marr un elemento distintivo do son da banda, pero separouse en 1987 debido a diferenzas persoais entre Marr e Morrissey. Dende entón, Marr foi membro de The Pretenders, The The, Electronic, Modest Mouse, e The Cribs, e converteuse nun prolífico músico de sesión, traballando con artistas como Talking Heads e Hans Zimmer.

Despois de publicar un álbum titulado Boomslang en 2003 baixo o nome Johnny Marr and the Healers, Marr editou o seu primeiro álbum en solitario, The Messenger, en 2013. O seu segundo traballo en solitario, Playland, lanzouse en 2014, seguido por un terceiro, Call the Comet, en 2018. A autobiografía de Marr, Set the Boy Free, foi publicada no ano 2016.

Fotada o cuarto mellor guitarrista dos últimos 30 anos nunha enquisa realizada pola BBC en 2010,[1] Phil Alexander, editor xefe de Mojo, describiu a Marr como "posiblemente o último gran estilista da guitarra británico".[2] En 2013, NME honrou a Marr co seu premio "Godlike Genius", dicindo: "non contento con reescribir a historia da música cunha das mellores bandas do mundo, The Smiths, continúa a empuxar os límites e a evolucionar a través da súa carreira, traballando con algúns dos mellores e máis excitantes artistas do planeta".[3]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads