José Eiras
mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Amador Eiras Paz, nado en Moraña en 1938 e finado o 30 de decembro de 2020[1], foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Remove ads
Traxectoria
Mestre de profesión. Foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Moraña nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido concelleiro, sendo a segunda forza política do concello. [2]. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas ao apoio de AP. En 1987 foi reelixido alcalde ó lograr maioría simple, mentres que en 1991 e 1995 o faría con maioría absoluta. En 1999 foi novamente elixido alcalde, pero nesta ocasión por maioría simple. En 2003 volveu ser elixido alcalde, recuperando a maioría absoluta. No 2007, tras sufrir unha escisión comandada polo seu tenente de alcalde ata outubro de 2005 Celso Diz, volveu ser elixido alcalde por maioría simple. En 2011 retirouse da política activa.
Durante o seu mandato foi moi polémica a construción dun encoro sobre o río Umia que provocou unha crise na agrupación local coa marcha de varios militantes.[1] Foi presidente do grupo de acción local ADR Ulla-Umia (2003)[3] e deputado provincial (2007-2011).
| Predecesor: Ernesto Fariña Ruibal |
Alcalde de Moraña 1983 - 2011 |
Sucesor: Luísa Piñeiro Arcos |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads