José Frau

pintor español From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José María Isidro Frau y Ruiz, nado o 15 de maio de 1898 en Vigo e finado o 24 de marzo de 1976 en Madrid, foi un pintor de orixe galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo dunha andaluza e un mallorquino, carabineiro destinado en Vigo, con tres anos abandonou Galicia.

Estudou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, sendo discípulo de Antonio Muñoz Degrain.

Expuxo en Pittsburgh e viaxou a Buenos Aires e Montevideo. En 1950 foi a vivir a México onde expón, así coma en Nova York. Fixou a súa residencia definitiva en España, na provincia de Guadalajara, en 1966.

Pódese apreciar obra de Frau no Museo Municipal Quiñones de León (sala monográfica con nove cadros doados polo autor), na Colección Afundación,[1] no Museo Provincial de Pontevedra,[2] no Museo de Belas Artes da Coruña,[3] e no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Amais diso, ten obra no Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía[4] e en pinacotecas de París, Pittsburgh, Moscova, Nova York, Buenos Aires, California e Alemaña.

En Vigo, unha rúa, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e López Mora, leva o nome do pintor.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads