José Luis Comellas

Historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia

José Luis Comellas
Remove ads

José Luis Comellas García-Llera, nado en Ferrol o 16 de outubro de 1928[1] e finado en Sevilla o 23 de abril de 2021,[2] foi un historiador e astrónomo galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Neto do escritor Manuel Comellas, o seu pai era químico en Carburos Metálicos e profesor de bacharelato en Cee[3]. Iniciou os estudos de bacharelato en 1940 no colexio Fundación Fernando Blanco desta vila, onde ensinaba seu pai, e continuounos en 1942 no colexio Tirso de Molina[4], xa en Ferrol. Licenciouse en 1951 en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo o premio extraordinario de fin de carreira e o premio Ourtvanhoff[5][Cómpre referencia] o mellor estudante da universidade.

Cursou o doutoramento na Universidade Complutense de Madrid, e rematouno cunha tese sobre os primeiros pronunciamentos en España, en 1953, dirixida por Federico Suárez Verdeguer, e que ao ano seguinte se publicaría como libro, e que sería o primeiro de moitos: Los primeros pronunciamientos en España. Con este título gañou ó ano seguinte o Premio Nacional Menéndez Pelayo.[6] En 1954 obtivo a cátedra de historia da Universidade de Sevilla, universidade na que exercería a docencia ata a súa xubilación, se ben ocasionalmente exerceu a docencia noutras universidades (Santiago 1953-1956, Navarra na década dos sesenta e Tucumán).

En 1963, gañou por oposición á cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da universidade de Sevilla, pola que competiu con Antonio Domínguez Ortiz. [4]

O interese historiográfico de Comellas centrouse no século XIX, sobre todo na figura da raíña Sabela II, Cánovas del Castillo, a Década moderada e o Trienio liberal, así como acerca dos imperios coloniais e sobre a música. En 1967 publicou Historia de España moderna e contemporánea, que durante un tempo foi unha obra popular e da que se fixeron múltiplas reedicións. Foi director da Revista de Historia Contemporánea que editou a universidade de Sevilla entre 1982 e o 2000.

En 1993, foi nomeado académico de número da Real Academia Sevillana de Buenas Letras​ e da que foi vicedirector de 1999 a 2005.[7] En 1995, foi nomeado membro correspondente por Sevilla da Real Academia da Historia.​

Desde o ano 2000 e ata o final da súa vida foi profesor emérito da universidade de Sevilla, e seguiu escribindo libros sobre historia, astronomía e música.

Astronomía

Ademais da súa obra historiográfica, Comellas foi divulgador de astronomía, e publicou numerosas obras sobre este eido, entre elas un catálogo sobre estrelas dobres, a primeira edición en español do Catálogo Messier e unha popular Guía del firmamento da que se realizaon sete edicións.[2] A Comellas atribúeselle ademais o descubrimento de 20 estrelas dobres.[2]

Remove ads

Mencións honoríficas

  • Académico de Número da Real Academia Sevillana de Buenas Letras (1993).
  • Fillo adoptivo de Sevilla[Cómpre referencia] (2005).
  • Ten unha rúa en Sevilla, a rúa Astrónomo José Luís Comellas[8].
  • Doutor Honoris Causa pola Universidade de Cuyo (Mendoza).[2]

Obras

Historia de España

Historia da ciencia

Historia da música

Astronomía

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads