Manuel Comellas

escritor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Manuel Comellas
Remove ads

Manuel Comellas Coímbra, nado en Ferrol o 30 de abril de 1853 e finado en Mandiá (Ferrol), o 3 de xuño de 1925, foi un escritor galego en castelán e galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol e foi profesor e fundador do colexio Comellas, onde estudou Ricardo Carballo Calero.[1][2] Dirixiu La Resurrección de Galicia (1876), colaborou en La Semana Literaria e El Heraldo Gallego[3], e foi director do semanario católico El Propagador e do xornal ferrolán El Correo Gallego.[4] Tamén fundou o semanario El Canta Claro (1912) e colaborou en La Voz de la Liga.[5]

Manuel Comellas é un autor do Rexurdimento estudado por Couceiro Freijomil, Carballo Calero,[1] Francisco Fernández del Riego[6] e Dolores Vilavedra,[7] entre outros. Literariamente dedicouse ao teatro coa obra Pilara ou Grandezas d'os humildes (1920)[8], un drama en prosa, en seis actos, de ambiente mariñeiro, no que se critican os asoballamentos dos poderosos, exemplificados por medio dun intento de abuso sexual. Estreouse no teatro Jofre o 18 de agosto de 1919 e repúxose o 6 de novembro. Tamén cultivou o ensaio, como un comentario que publicou en 1905 sobre a encíclica Rerum Novarum (1891) do papa León XIII, ou unha colección de artigos titulados Recreacións científicas, sobre o emprego da lingua galega na ciencia.[9] Estivo ligado ás Irmandades da Fala durante unha época breve.[10]

Remove ads

Obras

  • Liga de contribuyentes del Ferrol, 1883.
  • Catecismo Social según las enseñanzas de la inmortal Encíclica de la Santidad de León XIII "Rerum Novarum" extractadas y expuestas conforme al plan y método de la obra "Socialismo y Anarquismo" del P. Vicent S.J, 1905.
  • Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol, 1912.
  • Pilara ou Grandezas d'os humildes : fantesía dramáteca en tres partes, 1920.
  • Redención de amor, 1920.[10]
Remove ads

Recoñecementos

Thumb
Placa.

Un ano despois da súa morte, en 1926, o alcalde de Ferrol, Antonio Usero Torrente pediu facer unha restauración da casa da rúa Sánchez Barcáiztegui onde naceu Comellas, traballos que remataron en 1929[5]. Na casa figura unha placa cunha descrición da súa vida e unha escultura deseñada por Pedro López Mirás, e feita en mármore por Andrés Torrente. O concello de Ferrol deulle o seu nome a unha rúa.

Vida persoal

En 1876 casou con Matilde Ruiz Grossi, e tiveron catro fillos: Manuel (1877-1949), Blanca (1878 –1930), José (1884–1956) e Matilde (1880 -1979)[11].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads