José Luis Novo Cazón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José Luis Novo Cazón, nado en Vilalba o 12 de decembro de 1949 e finado o 7 de novembro de 2013[1], foi un historiador galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Licenciouse en Filosofía e Letras e fixo posteriormente o doutoramento en Historia pola Universidade de Oviedo. Foi catedrático de Xeografía e Historia en Bacharelato. Foi subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galicia entre 1984 e 1988, e director xeral da EXB tamén coa Xunta de Galicia entre 1987 e 1990. Traballou no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Foi o Presidente do Instituto de Estudos Chairegos[2] entre 2005 e 2008.

Remove ads

Obra en galego

Ensaio

Obras colectivas

  • Chanot, pintor gaditano-vilalbés (Instituto de Estudos Chairegos, 2007). Con Xosé M. Felpeto Enríquez.
  • Capelas e ermidas da Costa. A relixiosidade barroca en San Simón (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Con Sabela Figueira Tenreiro e Carme Pernas Bermúdez.
  • Avelino Fernández, memorias dun mestre itinerante (Instituto de Estudos Chairegos, 2009). Coordinación do volume xunto a Manuel Roca Cendán.
Remove ads

Obra en castelán

Ensaio

  • Loio: de monasterio fructuosiano a encomienda santiaguista (1984).
  • El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500) (1986).

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads