José María Fórneas Besteiro

filólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José María Fórneas Besteiro, nado en Arcos (Castroverde) o 19 de marzo de 1926 e finado o 11 de setembro de 2003, foi un filólogo galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Licenciado en Filoloxía Semítica (1952) e Filoloxía Románica (1953) pola Universidade Central de Madrid. Foi profesor da Escola de Idiomas do Cairo (1955-1957), catedrático de Lingua Árabe na Escola de Comercio de Cádiz e profesor do Instituto de Ensinanza Media de Ceuta (1963).

Doutorouse en Filoloxía Semítica en 1970 e obtivo a praza de adxunto de Lingua Árabe na Universidade Autónoma de Madrid. En 1974 trasladouse á Universidade de Granada como titular da cátedra de Lingua Árabe e Árabe Vulgar onde permaneceu como profesor emérito.

O obxecto da súa investigación eran a lingüística, a lexicografía, o xénero biográfico árabe e a transmisión da ciencia islámica en Al-Andalus. Foi director da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebráicos de Granada (1982-1989).

Finou o 11 de setembro de 2003, e foi soterrado no cemiterio de Arcos.[1]

Remove ads

Obras

  • Elencos biobibliográficos arabigoandaluces, 1971.

Como editor

Traducións

  • La Ciudad Inicua de Kámil Husain, 1963.
  • Escucha, Rida de Anís Freyha, 1978.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads