José Sócrates

político portugués From Wikipedia, the free encyclopedia

José Sócrates
Remove ads

José Sócrates Carvalho Pinto de Sousa, nado en Vilar de Maçada (Alijó) o 6 de setembro de 1957, é un político portugués, secretario xeral do Partido Socialista e primeiro ministro de Portugal dende o 12 de marzo do 2005, cando herdou o cargo de Pedro Santana Lopes ata xuño de 2011, cando foi substituído por Pedro Passos Coelho. José Sócrates é membro do Partido Socialista dende 1981 e membro da Asemblea da República dende 1987. En 1995, formou parte do primeiro goberno de António Guterres como secretario de estado do ambiente e dous anos despois, Sócrates foi nomeado ministro de xuventude e deportes, sendo así un dos organizadores da Eurocopa 2004 en Portugal. Entre 1999 e 2001 foi ministro de ambiente do goberno de Guterres. Trala dimisión de Ferro Rodrigues como líder do partido no 2004, Sócrates gañou as eleccións cun 80% do apoio do partido.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

En 2009 conseguiu unha vitoria nas eleccións lexislativas, se ben perdeu unha parte importante de votos e de escanos.

O 23 de marzo de 2011 presentou a súa dimisión, logo de que o seu plan económico fose rexeitado por todos os demais partidos do Parlamento portugués, onde o PS non tiña a maioría absoluta.

Predecesor:
Pedro Santana Lopes
 
Primeiro Ministro de Portugal
 
2005 - 2011
Sucesor:
Pedro Passos Coelho
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads