José de Churriguera
arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Benito de Churriguera, nado en Madrid o 21 de marzo de 1665 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1725, foi un arquitecto barroco español.

Remove ads
Traxectoria

Proxectou, entre outras obras, as igrexas de San Cayetano, Santo Tomás, o antigo Palacio Goyeneche (actual sede da Real Academia de Belas Artes en Madrid) e o lugar de Nuevo Batzán, ademais do retablo do convento de San Esteban, en Salamanca. O seu estilo coñécese como churrigueresco.
A maior parte da súa obra está inserida na tradición cortesá pero introducindo innovacións transcendentais, na súa primeira etapa predominan os retablos caracterizados pola grandiosidade da traza, o dinamismo da planta, o remate en cuarto de esfera, as columnas salomónicas no corpo principal, as estatuas situadas nos intercolumnios, a talla virtuosista decorada frondosamente que non rompe a estrutura arquitectónica, asemade o resplandor do dourado reforza a atracción que exerce no espectador.
A partir de 1709, en Nuevo Batzán, obsérvase unha maior influencia do clasicismo francés nos motivos ornamentais e estruturais.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads