Juan Baliño Ledo
avogado galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Juan Baliño Ledo, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1999,[1] foi un avogado galego.
Traxectoria
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi Secretario Xeral do Concello de Vigo, e durante a guerra civil española Secretario da comisión xestora municipal, presidida polo Comisario de Guerra José Giménez García.[2] Posteriormente tamén foi xerente do Faro de Vigo.
En 1923 foi xunto a Manuel de Castro Handicap e Pepe Bar un dos máximos valedores da fusión do Real Vigo Sporting Club e do Real Club Fortuna de Vigo, que deu pé ao nacemento do Real Club Celta de Vigo. Ocupouse da parte xurídica da fusión e formou parte da comisión creada para dar forma ao novo club e elaborar os seus estatutos. Súa é a proposta de Celta de Vigo como nome e as cores do seu equipamento. Foi un dos primeiros directivos do club. Anos despois foi presidente da Federación Galega de Fútbol e da de Atletismo.
Remove ads
Vida persoal
Casou en 1931 con María Luisa Díaz Iglesias.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads