Zapatones

peregrino galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Zapatones
Remove ads

Juan Carlos Lema Balsas[1] comunmente coñecido coma Zapatones, supostamente nado na Ponte do Porto, Camariñas en 1954[2] e finado o 15 de maio de 2015[3] en Pontevedra, foi unha personalidade do espectáculo de Galicia, famoso pola súa presenza continuada na Praza do Obradoiro caracterizado coma peregrino[4].

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb

De pais descoñecidos, Juan Carlos Lema foi abandonado cando era un bebé. Levárono á Casa Berce da Coruña, das Irmás da Caridade, onde estivo ata os seis anos. A continuación pasou ao Colexio Salesiano desa cidade, e posteriormente ao localizado na parroquia de Castrelo, en Cambados. Así mesmo, estivo preso por furtos e por desacato durante o servizo militar.

En 1993, co gallo do Ano Xacobeo, comezou a traballar en Santiago de Compostela disfrazado de peregrino, de forma continuada, e facendo fotografías cos turistas, empregando sempre o mesmo disfrace e deixando medrar a barba. Desempeñou este oficio durante practicamente dúas décadas, ata 2011. En decembro dese ano, este veciño do barrio de Sar foi desafiuzado da súa casa e ingresou nun centro de rehabilitación para tratar os seus problemas de alcoholismo[5].

Remove ads

O personaxe de Zapatones

Sobre a súa fixación por Santiago de Compostela, orixinouse mentres traballaba de camareiro nun restaurante de Cambados:

Cuando trabajaba en el restaurante Fariña hice mi primera peregrinación con el hijo de los dueños del local. Fue un solo día, y desde Cambados, pero me atrapó. Después, al salir de la cárcel militar, andaba de parra en parra, y un día en Santiago, mirando a la Catedral, lo pensé. Resulta que Daniel Otero, un comerciante que estaba cerca de Platerías, tenía un muñeco vestido de peregrino. Le pedí el traje, y así fue... Una de sus nueras, Marisa, me decía "eres un zapatones", y me gustó. De este modo logré ganarme honradamente la vida y empecé a sentir que la sociedad me abría, por fin, las puertas. No pedía nada, pero la gente me daba dinero por hacerse fotos conmigo, y me dejé la barba.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads