Juan José Barcia Goyanes
médico e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Juan José Barcia Goyanes, nado en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 1901 e finado en Valencia o 13 de xullo de 2003, foi un médico e escritor galego.[1]
Remove ads
Traxectoria
Fillo de Juan Barcia Eleicegui (1877-1946) e neto de Juan Barcia Caballero (1852-1926). Estudou o Bacharelato en Compostela e licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1922, recibindo o «premio Rodríguez Abaytúa» da Real Academia de Medicina ao mellor expediente do país.[2]. En 1925 leu a súa tese de doutoramento titulada Variedades atávicas y las detenciones en el desarrollo, estudiadas en el maxilar superior de los locos. Acompañou en varias ocasións ao seu pai, médico militar no norte de África, onde iniciou o seu interese pola cultura árabe. Obtivo por oposición a praza de profesor auxiliar temporal de Anatomía sendo alumno e colaborador do profesor Rodríguez Cadalso. Foi médico do sanatorio de Ángel Baltar Cortés, que o iniciou na Cirurxía. En 1926 obtivo a cátedra de Anatomía da Universidade de Salamanca.[3] En 1929 trasladouse a Valencia para ocupar a cátedra de Anatomía.[Cómpre referencia] Nese ano obtivo a praza de Xefe de Servizo de Enfermidades Nerviosas do hospital de Valencia. En 1930 transformou o servizo de Enfermidades Nerviosas en Servizo de Neuropsiqiatría e Neurocirurxía e o 22 de novembro de 1931 realizou a primeira operación neuroquirúrxica en España.[3]
O inicio da Guerra Civil Española sorprendeuno en Santander, nun curso da Universidade de Verán. O 29 de outubro de 1938 foi nomeado presidente da Comisión Xestora da Deputación da Coruña. Ao rematar a guerra volveu a Valencia e continuou a súa actividade. Ao crearse o Consello Superior de Investigacións Científicas foi nomeado Xefe da Sección de Neuroloxía do Instituto Cajal.
Fundou a Revista Medicina Española,[3] e a Revista Española de Neurooftalmología y Neurocirugía. Tamén foi un dos fundadores da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía.
Foi presidente da Sociedad Española de Neurología e da Sociedad Española de Anatomía e membro de honra de varias sociedades europeas e americanas.
Foi decano da Facultade de Medicina de Valencia (1945-1964), logrou a creación da nova Facultade de Medicina, inaugurou o novo hospital Clínico, rescatou a biblioteca histórica e, coa colaboración do profesor López Piñero, creou a nova biblioteca e Hemeroteca. Foi reitor da Universidade de Valencia (1965-1971).[Cómpre referencia]
Organizou Congresos e Reunións, como o controvertido Primeiro Congreso de Historia do País Valenciano.
Predecesor: Emilio de las Casas Soriano |
![]() Presidente da deputación da Coruña 1938 - 1939 |
Sucesor: Emilio Romay Montoto |
Remove ads
Vida persoal
En 1927 casou con María de la Encina Salorio Suárez,[4] irmá do que sería alcalde da Coruña Demetrio Salorio Suárez e tía do oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio. O matrimonio tivo catro fillos: María de la Encina, nai do bailarín Nacho Duato,[5] Juan Luis, Demetrio e María de los Ángeles.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads