Juan Muntaner Roig

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Juan Muntaner Roig, nado na Habana o 2 de febreiro de 1917 e finado en Barcelona o 30 de xullo de 2001, foi un futbolista cubano. Xogaba de centrocampista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu na Habana pero trasladouse sendo novo a Barcelona, onde se formou futbolisticamente, xogando no FC Gràcia e no CE Europa.[1] Na tempada 1939–40 debutou co FC Barcelona en Primeira División.

Na tempada 1940–41 foi cedido ao Deportivo da Coruña, adestrado por Hilario, ao ser destinado na Coruña para facer o servizo militar.[2] Ese mesmo ano participou do primeiro ascenso do club á Primeira División. Tras unha segunda tempada cedido en Primeira, o Deportivo chegou a un acordo co Barcelona, polo que ese club renunciaba aos dereitos do xogador a cambio da incorporación do defensa Montserrat.[3] Xogou tres tempadas máis no Deportivo, na máxima categoría, formando parte do mediocentro xunto a Reboredo, Cuqui Bienzobas e Manuel Guimeráns, pero disputando menos partidos ca estes. Como branquiazul firmou 63 partidos e anotou 3 goles, un deles contra o seu exequipo, o Barcelona.

Posteriormente xogou no Igualada e no Sants.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads