Juan Novás
mestre e pedagogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Juan Novás Guillán, nado no Grove o 28 de abril de 1880 e finado en Pontevedra o 26 de abril de 1967, foi un mestre e pedagogo galego.
Remove ads
Traxectoria

mestre no Grove, colaborou en Faro de Vigo. Foi presidente da Asociación Protectora del Obrero e membro do padroado do Museo Provincial de Pontevedra dende 1930. Dedicouse ao estudo da historia e da arte. Amigo de Xosé Filgueira Valverde, foi militante do Partido Galeguista que logo abandonou con el para entrar na Dereita Galeguista e despois afiliarse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi o primeiro secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio de Pontevedra, posto no que permaneceu até marzo de 1937.[1] Foi concelleiro e tenente de alcalde de Pontevedra
Publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909) e dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936). Foi inspector de ensino primario (1944) e cronista oficial da cidade de Pontevedra (1960-1967). Colaborou en Spes. Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Galega da Historia.
Finou en Pontevedra o 26 de abril de 1967.[2]
Remove ads
Recoñecementos
Recibiu a Cruz de Afonso X O Sabio.
Vida persoal
Casou con María Viñas del Monte, da que enviuvou, para volver casar cunha compañeira da inspección, María Cruz Pérez.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads