Juhi Chawla
actriz india From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Juhi Chawla, nada o 13 de novembro de 1967, é unha modelo, actriz, produtora cinematográfica e presentadora de televisión india. Gañadora de Miss India en 1984, seguiu logo unha carreira de actriz converténdose nunha das actrices máis afamadas do Bollywood dos anos 90[1][2] actuando en filmes tan coñecidos na India como Qayamat Se Qayamat Tak (1988), Darr (1993), Hum Hain Rahi Pyar Ke (1993), co que gañou o premio Filmfare á mellor actriz, ou Yes Boss (1997) e Ishq (1997).[3][4][5]
Na década do 2000, actuou en filmes independentes e do cinema paralelo.[2] pero gañou recoñecemento da crítica pola súa actuación en filmes como Jhankaar Beats (2003), 3 Deewarein (2003), My Brother Nikhil (2005), Bas Ek Pal (2006) e I Am (2011).[6]. A partir do ano 2000 comezou a producir filmes, o primeiro foi Phir Bhi Dil Hai Hindustani.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
