K2
Montaña do Himalaia, o segundo pico máis alto do mundo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O K2, tamén coñecido como Mont Godwin-Austen, Chogori ou Dapsang, é unha montaña do Himalaia no masivo de Karakoram, na fronteira sino-paquistanesa (na rexión da Caxemira ocupada). É o segundo pico máis alto do mundo, despois do Everest, cunha altitude de 8.611 metros.
Remove ads
Ascensións
Foi explorado pola primeira vez por un europeo en 1856. T.G. Montgomery, na expedición liderada por Henry Habershan Godwin-Austen, designouno como "K2" ("Karakoram 2").
A ascensión do K2 é considerada moito máis difícil que a do Everest. Ata xuño de 2000, 189 persoas tiñan conseguido atinxir o cumio, en canto que case 1500 xa escalaran o Everest. 49 persoas morreron tentando a ascensión, 13 das cales en 1986. A primeira tentativa profesional de ascensión foi no 1902, mais a pesar de cinco tentativas infrutíferas e mortais, o seu cumio non foi atinxido ata que unha expedición italiana realizou este feito o 31 de xullo de 1954. A expedición estaba liderada por Ardito Desio, e os dous alpinistas que atinxiron o cumio foron Lino Lacedelli e Achille Compagnoni.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: K2 ![]() |
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads