KalPa Naiset

From Wikipedia, the free encyclopedia

KalPa Naiset
Remove ads

Kalevan Pallo Naiset, ou simplemente KalPa Naiset, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Kuopio (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Olvi Areena, un pavillón con capacidade para 5 300 persoas.

Datos rápidos Fundación, Cidade ...
Remove ads

Traxectoria

O KalPa participou por primeira vez nunha liga feminina na tempada 1988–89, cando finalizou na última posición da I-divisioona, na que competían un total de seis equipos. Con todo, o equipo feminino xerou interese e reuniu as maiores audiencias da categoría, con 270 persoas nas bancadas nos seus partidos como local e 155 nos partidos que xogou como visitante. Esa tempada, na que tan só xogaron dez partidos, as máximas puntuadoras foron Nana Lamberg (2+0=2), Tuula Kuhmoinen (1+1=2) e Marika Lentz (1+1=2).[1]

Na tempada 1990–91 o equipo debutou na Naisten SM-sarja, máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finés, finalizando na derradeira posición cos mesmos puntos que o SaiPa de Lappeenranta, co cal tivo que xogar un partido para decidir cal dos dous equipos se xogaba a permanencia. As de Lappeenranta leváronse o partido por tres goles a un e as xogadoras do KalPa tiveron que xogar unha serie ao mellor de tres partidos fronte o JoKP de Joensuu, primeiro clasificado do Grupo A da I-divisioona e que non conseguira o ascenso directo ante o Ketterä de Imatra. O KalPa comezou gañando o primeiro partido 2-3 na prórroga, mais o equipo carelio conseguiu a igualada no segundo partido (2-3), deixándoo todo por decidir no encontro decisivo, no que se acabaron impoñendo as de Kuopio (4-3).[2][3]

O seu maior éxito chegou na tempada 2019-20, cando o equipo disputou a final da Naisten Liiga fronte a Kiekko-Espoo, se ben a final non chegou a disputarse por mor da pandemia por coronavirus.[4] Con todo, na tempada seguinte conseguiu de novo chegar á final, de novo fronte ao equipo de Espoo, contra o que caeu en catro partidos (3-1).[5]

Remove ads

Personalidades

Xogadoras

Cadro actual

Actualizado a 23 de febreiro de 2025.[6]

Máis información #, Nac ...
Remove ads

Palmarés

Trofeos colectivos

SM-sarja/Naisten liiga
  • 1 medalla de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2021[7]
  • 5 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1995, 1996, 2017, 2023, 2024[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads