Karin Boye
escritora sueca From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Karin Boye, nada en Gotemburgo o 26 de outubro de 1900 e finada en Alingsås o 23 de abril de 1941, foi unha escritora sueca.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Remove ads
Traxectoria
Naceu en Gotemburgo e con nove anos mudouse coa familia a Estocolmo (en 1909). Estudou na Universidade de Uppsala dende 1921 até 1926. A súa primeira colección de poemas foi Moln. Durante a súa etapa en Uppsala (até 1930), Boye foi membro do grupo socialista Clarté. Entre 1929 e 1934 estivo casada con outro integrante deste club, Leif Björck. En 1932, logo da separación do seu home, mantivo unha relación con Gunnel Bergström, quen deixara o poeta sueco Gunnar Ekelöf por Boye.
En 1931, canda Erik Mesterton e Josef Riwkin, fundou a revista literaria Spektrum; nas súas follas publicaron traducións de obras de T. S. Eliot ou de escritores vinculados ao surrealismo.
Suicidouse en 1941 con somníferos.
A asociación literaria Karin Boye sällskapet foi fundada en 1983 e leva a cabo un labor de difusión da súa obra.
Obras
Entre a produción poética da autora, destaca Ja visst gör det ont e I rörelse, ambos os poemas dentro da colección Härdarna (1927), así como För trädets skull (1935). Foi membro da institución literaria sueca Samfundet De Nio dende 1931 até o seu pasamento.
En canto á narrativa, a novela Kris trata a súa propia crise relixiosa e o lesbianismo. En Merit vaknar e För lite explora os papeis masculino e feminino. Kallocaína, novela inspirada no apoxeo do nacionalsocialismo en Alemaña, é un retrato dunha sociedade antiutópica emparentada con Nineteen Eighty-Four de George Orwell e Un feliz mundo novo de Aldous Huxley.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sociedade Kari Boye (en sueco)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads