Karolinska Institutet

From Wikipedia, the free encyclopedia

Karolinska Institutetmap
Remove ads

O Karolinska Institutet (en inglés Karolinska Institute, en galego Instituto Karolinska, e antes de 1968, o Royal Caroline Institute), é unha das universidades médicas máis grandes de Europa, situado en Solna e Flemingsberg/Huddinge, Suecia.

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...
Remove ads

Historia

Orixe e cambios de situación e de nome

O Instituto Karolinska comezou en 1810 na illa Kungsholmen, no lado oeste de Estocolmo, fundado despois da Guerra de Finlandia, como centro de adestramento para cirurxiáns do exército.[1]

Máis tarde trasladouse ao concello de Solna, nas aforas de Estocolmo, e construíuse un segundo campus en Flemingsberg/Huddinge, ao sur de Estocolmo. En 1817 engadiuse o nome "Karolinska" como referencia a Karoliner ou Caroleans ("Carolinos") que era o nome dos soldados baixo o rei Carlos XII de Suecia. O nome completo converteuse en "Kongl. Carolinska Medico Chirurgiska Institutet". En 1968 ese nome cambiouse a "Karolinska Institutet".

Formación e investigación médica

O Hospital Universitario Karolinska, en Solna e Huddinge, é o hospital de investigación e docencia da universidade. É un dos maiores centros de formación e investigación de Suecia, co 30% da formación médica e o 40% da investigación académica médica. Aínda que a maioría dos programas médicos impártense en sueco, a maioría dos programas de doutoramento impártense en inglés.

O instituto é membro da Liga de Universidades Europeas de Investigación. Na clasificación académica de Universidades Mundiais de 2009, o instituto é a mellor universidade de medicina e farmacia de Europa, a 8ª no mundo. Está catalogada como a mellor universidade de Suecia.[2]

Premios Nobel

Un comité do instituto decide sobre os gañadores do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads