Atún listado

From Wikipedia, the free encyclopedia

Atún listado
Remove ads

O atún listado ou, simplemente, listado [2] (Katsuwonus pelamis [3]) é un peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos, de grande interese comercial e capturado fundamentalmente para a elaboración de conservas.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

Thumb
Banco de listados (U.S. National Oceanic and Atmospheric Administration).

Alcanza tamaños máximos de 1 metro (aínda que o normal son valores de 40–50 cm) e pesos de 5–10 kg (con máximos de 19 kg).

Recoñécese pola presenza de 4-7 bandas lonxitudinais escuras a ámbolos lados da rexión ventral, por baixo da liña lateral, debuxo característico ó que lle debe o nome de listado. A cor do lombo é azul escuro con irisacións púrpuras, aclarando segundo descende cara ao ventre, que ten cor prateada.

As aletas dorsais están lixeiramente separadas. A aleta pectoral é moi curta. Posúen 53-63 pequenos dentes no primeiro arco branquial, número moi superior ó doutros túnidos. Non posúen vexiga natatoria.

Thumb
Katsuo no Tataki
Remove ads

Ecoloxía

Está presente en tódolos océanos do mundo de augas tropicais e subtropicais, máis ou menos entre os paralelos 45ºN e 45ºS. Forma bancos moi numerosos [4], ás veces mesturados con outras especies de túnidos, especialmente rabil (Thunnus albacares) e patudo (Thunnus obesus). Para os efectos de avaliación, a Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA) diferencia dous stocks, leste e oeste (utilizando como referencia o meridiano 30º oeste).

Mostra unha taxa de crecemento moi variable, segundo a estación e a zona onde vivan. A desova non se concentra, como noutras especies de túnidos, senón que se produce ó longo de todo o ano en diferentes áreas do Atlántico (ou entre a primavera e o outono, nas poboacións de augas subtropicais).

Remove ads

Aproveitamento pesqueiro

No océano Pacífico representa a especie de maior interese pesqueiro (ata o 45% das capturas mundiais de túnidos); MUUS e DAHLSTRÖM, 1981). Boa parte das conservas de atún que non especifiquen a especie están elaboradas con esta especie.

O atún listado adoita asociarse a concentracións de peixes superficiais. Esta característica foi aproveitada polos barcos pesqueiros, que botaban ó mar artefactos flotantes para atrae-los bancos de atúns ás súas redes de cerco.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads