Kenneth Anger

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Kenneth Wilbur Anglemeyer, nado en Santa Monica (California) o 3 de febreiro de 1927 e finado en Yucca Valley (California), o 11 de maio de 2023,[1] foi un director de cinema underground, autor e actor estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Anger é coñecido polos seus filmes experimentais, nos que non buscaba alcanzar o éxito comercial. Especializouse en curtametraxes, facendo desde 1937 máis de corenta filmes, gañando fama coma un dos cineastas máis influentes do cinema independente.

Moi frecuentemente os seus filmes mesturan elementos do surrealismo co homoerotismo e o ocultismo. Os seus filmes tamén foron descritos como "contidos de erotismo, documental, psicodrama e espectáculo". Anger describiuse a si mesmo como sendo "un dos primeiros cineastas homosexuais dos Estados Unidos, e, certamente, o primeiro que traballou coa homosexualidade de forma nada discreta. Algúns dos seus principais filmes homoeróticos, tales como Fireworks (1947) e Scorpio Rising (1964), foron producidos a favor da legalización da homosexualidade nos Estados Unidos. Concentrouse tamén nos temas do ocultismo, tornándose obcecado polo famoso ocultista inglés Aleister Crowley. El mesmo, máis tarde, volveuse tamén seguidor da Thelema, a relixión de Crowley. Esta influencia é bastante evidente en filmes como Inauguration of the Pleasure Dome (1954), Invocation of My Demon Brother (1969) e, principalmente, Lucifer Rising (1972).

Anger dixo que os cineastas franceses Auguste e Louis Lumière e Georges Méliès son as súas influencias, e dixo tamén que foron unha forte influencia nos traballos de cineastas contemporáneos, como Martin Scorsese, David Lynch e John Waters. Ademais dixo tamén que causou "un impacto profundo no traballo de moitos cineastas e artistas".

Durante a década de 1960 e 1970 traballou e asociouse con diversos famosos da cultura popular e do ocultismo, incluíndo Anton LaVey (fundador da Igrexa de Satán), o sexólogo Alfred Kinsey, o artista Jean Cocteau, o dramaturgo Tennessee Williams e músicos como Mick Jagger, Keith Richards, Jimmy Page e Marianne Faithfull.

Kenneth Anger é tamén o autor dos controvertidos best-séllers Hollywood Babylon (1959) e a súa secuela Hollywood Babylon II (1986), nos que expón varios rumores e segredos sobre as celebridades de Hollywood.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Bibliografía

Máis información Year, Title ...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads