Kingston

capital de Xamaica From Wikipedia, the free encyclopedia

Kingstonmap
Remove ads

Kingston é a capital de Xamaica. Está situada no sueste o país, as beiras do mar Caribe. A súa poboación en 2004 estimábase que andaba arredor dos 660.000 habitantes.

Datos rápidos Lema, Epónimo ...
Remove ads

Historia

Kingston foi fundada en 1693 polos ingleses logo de que un terremoto destuíse a cidade portuaria de Port Royal. Converteuse na capital administrativa da illa xamaicana en 1872 e conservou tal status até que o país logrou a súa independencia en 1962, pasando entón a ser a capital do novo estado.

Urbanismo

Kingstonposúe a imaxe de numerosas cidades que no pasado formaran parte de paíss colonizados: un centro urbano e un barrio norte, que son herdanza directa dos colonos británicos. Aí é onde se concentran a maioría das actividades económicas e políticas e a súa calidade contrasta nidia e fortemente coa realidade imperante nos barrios menos favorecidos.

O desenvolvemento da cidade carece de controis, de xeito que os "shanty towns" (favelas) aumentan en superficie ocupada e en poboación. Kingston non escapa a depauperización nos suburbios. Cada día acolle movos moradores que o éxodo rural conduce até a cidade.

Kingston posúe o barrio popular de Trenchtown, barrio orixinario dos artistas xamaïcanos de sona mundial: Bob Marley, Peter Tosh ou mesmo Burning Spear.

Porén, os barrios meridionais son os máis pobres e os máis insalubres, e onde é maior a influencia rastafari, da cal o altofalante foi Bob Marley. Mais ces quartiers sont aussi les plus pauvres et les plus insalubres de la ville.

Remove ads

Clima

O clima de Kingston é tropical, cinha temperatura media anual alta e uniforme, que supera os 26 °C. As precipitacións concéntranse nos meses que van de abril a novembro. Pola súa situación na área caribeña, Kingston está exposta á acción dos furacáns que se forman nesa zona.

Educación superior

O principal centro educativo superior é a University of the West Indies. Posúe unha biblioteca de preto de medio millón de volumes. É frecuentada non só por estudantes xamaicanos, senón por outros procedentes das illas próximas.

Turismo

A fin de revitalizar a economía de Kingston, os ingleses trazaron un ferrocarril até Montego Bay, sito na costa norte do país. Porén a medida é insuficiente, nin sequera para servir de válvula de escape aos máis de 600.000 habitantes da capital.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads