Kita, Toquio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Kita (北区, きたく, Kita-ku) é un barrio especial da prefectura de Toquio no Xapón. Está situado no sur da rexión de Kantō e ao leste da prefectura, na zona metropolitana de Toquio, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 20,59 km², a poboación é de 334.913 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 16.270 h/km².
O barrio de Kita limita cos barrios de Itabashi, Toshima, Bunkyō, Arakawa e Adachi (que son da prefectura de Toquio); e cos concellos de Kawaguchi e Toda (que son da prefectura de Saitama).
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads