Kolguev

From Wikipedia, the free encyclopedia

Kolguevmap
Remove ads

A illa Kolgüev (en ruso: Колгуев, transliteración: kol-gu-ev, nótese a diérese no nome) é unha illa no Okrug Autónomo de Nenets, Rusia, localizada no sueste do Mar de Barents, ó leste do Mar de Pechora, e cara ó nordés da Península de Kanin.[1] A illa é aproximadamente circular e ten un diámetro de 80 km e uns 4.968 km² de superficie. O punto máis alto da illa ten 50 m[2] de altura. A maioría da superficie consiste en varios pantanos e outeiros feitos de morena cubertos da vexetación característica da tundra.

Datos rápidos Tipo, Localización ...

Hai un só punto habitado na illa, Bugrino, na costa do sueste con 200 habitantes. Os Nenets forman a maioría da poboación, sendo a as súas actividades principais a pesca, as granxas de renos e como cazadores trampeiros. Tamén hai petróleo e gas.[3]

Remove ads

Informe de Trevor-Battye

A illa foi explorada no ano 1894 polo naturista Británico Aubyn B.R. Trevor-Battye. Desembarcou en xuño cun axudante, coa intención de quedar sobre un mes estudando a vida salvaxe da illa, especialmente os paxaros. Debido a problemas mecánicos co barco e a un malentendido, foron deixados na illa unhas 12 semanas. Publicou o seu estudo da historia natural e topografía de Koguev co título: "Ice-bound on Kolguev" (Atrapado polo xeo en Kolguev). (Trevor-Battye 1895). O libro inclúe observacións sobre o pobo dos Nenets (os cales el chamou Samoiedos) que levaban os seus renos á illa para pastar durante o verán e para cazar gansos e comerciar con eles na Rusia.[4] Parece ser que Trevor-Battye deixou a illa con estes pastores de renos en setembro de 1894, e viaxou unhas 1.000 millas por terra dende o Río Pechora ata Arkangel. Describiu esta aventura no libro: "A northern highway of the Tsar" (Trevor-Battye 1898)[5] (Unha autoestrada do norte do Tsar).

Remove ads

Galería

Thumb
Illa Kolguyev. Paisaxe costeira.
Thumb
Un rabaño de renos na illa de Kolguyev en 1895. O subtítulo di: "Entramos hoxe nunha nova fase da vida do reno. Por primeira vez apareceu a mosca (Hypoderma tarandi) coñecida polos Samoiedos como "Pi-liur", e polos rusos como "Orwot".

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads